As nosas cabanas

Tres refuxios únicos entre carballos, deseñados para o teu descanso e a túa conexión coa natureza.

Combinan madeiras nobres de orixe sostible —piñeiro, abeto, carballo, bidueiro e cedro xaponés— cun deseño nórdico de alma galega.

Cabana 1 🐾

A cabana 1 é un refuxio íntimo, perfecto para parellas que buscan desconectar. Cos seus grandes ventanais cara ao bosque e a terraza cuberta, ofrece un espazo acolledor onde gozar do aire libre en calquera estación. Ademais, poderás gozar dela coa túa mascota.

No inverno, as súas vistas ábrense ata o val, engadindo un encanto especial.

Dende 110€ por noite

Cabana 2

A cabana 2 escóndese entre as árbores, integrada no bosque que a envolve. A súa atmosfera recollida transmite privacidade e serenidade, pensada para quen busca desconectar do mundo exterior.

Na súa terraza cuberta, cada momento convértese nun instante de contemplación, acompañado pola luz suave das lámpadas.

Dende 110€ por noite

Cabana 3

Dende 110€ por noite

A cabana 3 é a máis ampla das cabanas do Refuxio, con capacidade para ata 4 persoas. Un refuxio acolledor de inspiración nórdica cunha cama e un prato de ducha de maior tamaño, pensados para quen necesita máis espazo e comodidade.

A súa rampla de acceso, máis ancha e cunha menor pendente, facilita a entrada e permite gozar comodamente deste recuncho rodeado de carballos, onde a calma do Refuxio tamén acompaña cada momento.

Equipamento en todas as nosas cabanas

Cada refuxio está dotado do mesmo equipamento de alta calidade, pensado para que goces dunha estancia auténtica e sen preocupacións.

Capacidade: ata 4 hóspedes na cabana 3 e ata 3 nas cabanas 1 e 2

Cociña equipada: placa de indución, microondas, torradora e neveira

Dormitorio con cama queen 150x200 cm en la cabaña 3 y de 135x200 en las cabañas 1 y 2

Cafeteira superautomática, sempre lista e cargada

Sofá cama de deseño nórdico de 140x200 cm

Baño completo con toallas de algodón e xabóns naturais

Terraza privada cuberta con cadeiras Papasan e mesa auxiliar

Aparcadoiro privado xunto a cada cabana

Estufa de pellets acristalada, preconfigurada e cargada (sen custo adicional)

Wifi 5G (sen TV, para priorizar o descanso e a conexión coa natureza)

Almorzo de cortesía incluído

Cabanas de inspiración nórdica

Goza da tranquilidade e da sostibilidade no noso refuxio natural.

As cabanas son acolledoras e teñen todo o necesario. Están situadas nun lugar tranquilo, perfecto para desconectar, e a contorna é fermosa para pasear e gozar da natureza.

Sergio Martínez P.

A wooden cabin with a green roof is situated in a lush forest setting. The cabin has large dark-framed windows and a small set of steps leading to a porch. Surrounding the cabin are dense green trees and a well-maintained grassy area under a partly cloudy sky.
A wooden cabin with a green roof is situated in a lush forest setting. The cabin has large dark-framed windows and a small set of steps leading to a porch. Surrounding the cabin are dense green trees and a well-maintained grassy area under a partly cloudy sky.

★★★★★

Refuxio da Carballeira®

Aloxamento turístico en cabanas de madeira.

Sostibilidade

Tranquilidade

+34 673636605

© 2026 Refuxio da Carballeira®. Marca rexistrada. Todos os dereitos reservados.